Seleccionar página

COFINANCIAMENTO CICLOS FORMATIVOS DE GRAO MEDIO

A implantación dos ciclos formativos de grao medio de F.P. está cofinanciada polo Fondo Social Europeo (FSE). Estas accións serán cofinanciadas pola Xunta de Galicia e o FSE, co 80%, a través do Programa Operativo FSE Galicia 2014-2020, no eixe prioritario 3B “Investir na educación, o desenvolvemento das capacidades e a aprendizaxe permanente en rexións mais desenvolvidas con taxa de cofinanciamento do 80%, obxectivo temático 10 “Investir en educación, formación e formación profesional para a adquisición de capacidades e a aprendizaxe permanente».

Infórmase a todo o alumnado sobre a contribución dos fondos estruturais da Unión Europea á implantación destes novos programas, así como a prevención do abandono escolar temperán e ao fomento da igualdade de acceso a unha educación de calidade. En concreto, infórmase ao alumnado do cofinanciamento, cun 80% do gasto, a través do Fondo Social Europeo.