Seleccionar página

Ábrese o prazo para solicitar prazas de mobilidades Erasmus+ dirixidas a todo o alumnado matriculado no curso 2025-2026 en 2º curso de ciclos medios, ciclos superiores ou FP básica, que vaia realizar a FCT, así como para aquelas persoas que obtiveron a súa titulación en xuño do curso pasado e desexen participar como novos titulados/as.

As persoas interesadas deberán cubrir a instancia -dispoñible na secretaría do centro- e achegar a documentación complementaria que consideren oportuna para a valoración dos méritos segundo os criterios de selección establecidos.

Unha vez rematado o prazo de presentación de solicitudes, publicarase unha listaxe provisional de persoas admitidas e excluídas, abríndose posteriormente o prazo de reclamacións antes da publicación da listaxe definitiva.

Calendario do proceso:

  • Prazo de solicitudes: do 07/10/2025 ao 13/11/2025 de 2025
  • Publicación da listaxe provisional: 14/11/2025
  • Prazo de reclamacións e renuncias: do 17/11/2025 ao 19/11/2025 de 2025
  • Publicación da listaxe definitiva: 20/11/2025

Adxúntase documento informativo co procedemento completo e os criterios de selección.