O pasado 11 de decembro, o alumnado dos ciclos CM en Electromecánica de Vehículos Automóbiles, CM en Instalacións de Eléctricas e Automáticas e CS en Mecatrónica Industrial participou nunha xornada de innovación e emprendemento impartida por Joaquín Sierra Andrés.
Joaquín Sierra, experto en tecnoloxías do hidróxeno e especializado en xestión de ecosistemas industriais e interlocución estratéxica nos sectores de automoción e enerxía, achegou a súa experiencia ao noso alumnado. Durante a sesión, explicou proxectos innovadores desenvolvidos dende o Centro Tecnolóxico de Automoción de Galicia (CTAG), situando aos estudantes no contexto actual das enerxías renovables e da tecnoloxía avanzada no sector industrial.
A actividade, realizada na biblioteca do IES, subliñou a importancia do hidróxeno como vector enerxético clave e o seu impacto no futuro da automoción e da sustentabilidade.
Agradecemos a Joaquín Sierra a súa colaboración e o seu compromiso coa formación do noso alumnado.


O CTAG, o Centro Tecnolóxico de Automoción de Galicia, é unha entidade creada en 2002 e dedicada ao desenvolvemento, a investigación e a innovación tecnolóxica no sector da Automoción. Mas de 600 enxeñeiros e técnicos traballan nas diferentes etapas do desenvolvemento de novos produtos e procesos, desde investigación aplicada a validación de vida serie.