Introdución ao manexo de Arduino e programación dun microcontrolador: formación para o alumnado de ASIR
Os días 19 e 20 de decembro, o alumnado de 1º e 2º do Ciclo Superior de Administración de Sistemas Informáticos en Rede (ASIR) participou nun curso introdutorio sobre o manexo de Arduino e a programación dun microcontrolador.
Entre os obxectivos do curso, destacaron:
- Familiarizar ao alumnado co entorno de desenvolvemento de Arduino.
- Programar un microcontrolador utilizando unha placa de desenvolvemento ESP32, con conectividade Wi-Fi e Bluetooth.
- Enviar datos obtidos polo microcontrolador a un servidor local (Raspberry Pi) empregando o protocolo MQTT.
A formación proporcionou unha base para que o alumnado aplique estes coñecementos en futuros proxectos de IoT (Internet of Things) e desenvolvemento de solucións tecnolóxicas innovadoras.
Arduino é unha plataforma de creación de electrónica de código aberto, que está baseada en hardware e software libre, flexible e fácil de utilizar. Basicamente o que permite esta ferramenta é a xeración de infinidade de tipos de microordenadores dunha soa placa, que logo poden ter unha ampla variedade de usos segundo a necesidade da persoa que o cree.