A Comisión de Igualdade do IES Lois Pela Novo organizou este 14 de abril unha xuntanza na que mulleres chairegas pertencentes a diferentes ámbitos profesionais do mundo artístico, cultural, educativo, tecnolóxico e empresarial, relataron as súas experiencias e proxectos profesionais analizando os estereotipos de xénero cos que se foron encontrando e que buscamos eliminar.
No desenvolvemento deste proxecto “Donas de si, mulleres da chaira” contouse coa inestimable colaboración do noso compañeiro Andrés González, que ademais de docente é un valorado director cinematográfico máis coñecido no gremio como Andrés Goteira.
Andrés dirixiu a gravación das entrevistas que alumnado do noso centro realizou a cada protagonista,e que se poden visualizar na nosa canle de Youtube:
– Yolanda Purriños, fotógrafa con recoñecemento internacional foi entrevistada por Miriam e Junior, alumnos de 1o CM Atención a Persoas en Situación de Dependencia.
– Iris González, Game & Narrative Designer, foi entrevistada por Carla, alumna de 1o CS Administración de Sistemas Informáticos en Rede.
– Araceli Goiriz, Enxeñeira Informática especializada en Ciberseguridade Industrial, foi entrevistada por Adil, alumno de 1o FP Básica de Informática de Oficina.
– Pepa Baamonde, mestra galeguista con gran implicación social, foi entrevistada por Carmen e Plácido, alumnos de Educación Secundaria para Persoas Adultas.
– Luz Airado, avogada e poetisa chairega, foi entrevistada por Sheyla e Verónica, alumnas de 2o CS Administración e Finanzas.
Ademais, na mesa redonda contaremos coa presencia de Marta Seoane emprendedora de Carpens Gin, a primeira xenebra artesá con produción íntegra en Román. Esta actividade é unha iniciativa máis das moitas que o IES Lois Peña Novo impulsa como oportunidade para enriquecer a nosa comunidade.
Moitas grazas a Yolanda Purriños, Marta Seoane, Iris González, Araceli Goiriz, Luz Airado e Pepa Baamonde.