Seleccionar página

Entre o 19 e o 25 de febreiro de 2026, o IES Lois Peña Novo contou coa exposición Exxperimenta en feminino, promovida pola Universidade de Vigo.

A mostra ofreceu materiais e recursos para visibilizar o papel das mulleres no ámbito científico e tecnolóxico, facilitando o traballo co alumnado arredor do Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia, así como a preparación de actividades vinculadas ao 8 de marzo.

Como actividade complementaria, organizouse unha “busca do tesouro científica” a partir dos paneis da exposición. O profesorado participante desenvolveu co seu alumnado un percorrido guiado mediante un cuestionario de 20 preguntas baseadas na información recollida nos propios paneis.

O alumnado, organizado en pequenos grupos, debía localizar as respostas, rexistrar o tempo empregado e o número de acertos, convertendo a actividade nun reto cooperativo e dinámico. A proposta completouse cun posterior debate sobre a presenza das mulleres na ciencia, os estereotipos de xénero e a importancia dos referentes femininos no ámbito STEM.