O IES Lois Peña Novo inicia hoxe o curso académico 2025-2026.
Os vindeiros 8 e 9 de setembro comezarán as clases cunha xornada de presentacións para o alumnado. Os horarios e aulas correspondentes a estas presentacións publicaranse nesta web para a súa consulta.
Ao longo das próximas semanas tamén se irá incorporando ás seccións correspondentes a información sobre o calendario escolar, a organización do curso, os documentos de centro, e outros contidos de interese.
Este curso incorpóranse novidades que serán progresivamente aplicadas no noso centro.
Moitas grazas e un saúdo de todo o persoal do instituto.