Seleccionar página

Esta semana dá comezo no IES Lois Peña Novo o seminario de Pizarras dixitais: uso e aplicación na aula, unha actividade de formación dirixida ao profesorado, incluída no Plan de Formación do Permanente do Profesorado (PFPP), dentro da liña de Dixitalización do centro e da comunidade educativa.

Este seminario ten unha duración total de 20 horas e está orientado a mellorar o uso das pizarras dixitais na práctica docente.

As sesións do curso desenvolveranse os mércores 28 de xaneiro, 4, 11 e 25 de febreiro, en horario de 16:00 a 20:00. Agás o martes 4 de febreiro, que será de 18.00 a 22.00