O departamento de Transporte e mantemento de vehículos está a liderar unha formación para profesores de Automoción (PFFP) centrada na pila de combustible de hidróxeno. A formación inclúe a construción dunha maqueta do sistema para converter o hidróxeno en enerxía. Esta tecnoloxía está a evolucionar rapidamente e ten aplicacións en vehículos terrestres de longa distancia e funcionamento continuo. Ademais, incluíron unha charla de Luís Miguel Varela Cabo catedrático do departamento de Física de Partículas da USC e exdirector técnico da Asociación Gallega del Hidrógeno.
Tamén, este proxecto titulado “Maqueta Pila de combustible de hidróxeno” foi seleccionado para participar na exhibición de proxectos do FP Innova 2024 que terá na Cidade da Cultura de Galicia os días 24, 25 e 26 de abril.
Vídeo coa presentación do proxecto: https://youtube.com/shorts/g_eDUDftyzM?si=mynx0CM0oNr2-eQS
Repercusión nun medio escrito:https://www.elprogreso.es/articulo/a-chaira/pila-combustible-hidrogeno-centra-curso-ies-pena-novo/202403111500271738775.html