Seleccionar página

O pasado 19 de marzo, o noso centro instalou un Punto de Información Xuvenil, unha iniciativa integrada no Plan Proxecta e dirixida a todo o alumnado de ciclos de grao básico, medio e superior.

Este espazo foi deseñado para que os mozos e mozas poidan coñecer as actividades da súa contorna, informarse sobre programas xuvenís e tramitar ou activar o Carné Xove. O obxectivo principal é fomentar a participación activa da mocidade en diferentes proxectos e iniciativas, ofrecéndolles recursos que contribúan ao seu desenvolvemento persoal e profesional.