Os días 17 e 18 de marzo, o noso centro participa na III Feira de Educación, Formación e Emprego, celebrada no Pazo de Feiras e Congresos de Lugo.
Durante estas dúas xornadas, o centro contará cun posto informativo para dar a coñecer a nosa oferta formativa actual, presentando as distintas ensinanzas e resolvendo dúbidas do alumnado interesado en continuar a súa formación.
A feira reúne centros educativos da provincia, universidades galegas e diferentes entidades vinculadas ao ámbito da formación e do emprego, ofrecendo ao público visitante información sobre itinerarios formativos e oportunidades profesionais.
Este evento, organizado pola Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional da Xunta de Galicia, contou coa colaboración do Pazo de Feiras e Congresos de Lugo e do Concello de Lugo.
A feira forma parte do calendario Galicia Educa, unha iniciativa autonómica que promove 17 feiras ao longo do curso escolar co obxectivo de mellorar a orientación formativa e vocacional do alumnado e de dar visibilidade ao labor dos centros educativos.



