Saltar ao contido

📅 O 12 de marzo, o alumnado da ESA participou nunha conferencia virtual organizada polo Departamento de Emprendemento. A sesión, titulada "Sé intelixente cos teus cartos", foi impartida por Carlota Sánchez Puga, Coordinadora adxunta da Área de Educación Superior da Fundación Obra Social de ABANCA.

Durante a conferencia, abordáronse temas clave para a alfabetización financeira, como:
💰 Xestión dun orzamento persoal.
📱 Ferramentas dixitais para o control financeiro.
📈 Indicadores para a elección de produtos financeiros.
🏦 Importancia do aforro a longo prazo.