Os Proxectos de Formación do Profesorado de Formación Profesional (PFFP) teñen como finalidade dar cobertura formativa ao profesorado de FP con inquedanzas investigadoras e innovadoras para favorecer a inserción laboral do alumnado a través de propostas de mellora dirixidas ao sector produtivo ou á aula, ademais de permitir a actualización e o perfeccionamento das competencias profesionais dos/das docentes para mellorar a calidade da educación, así como as competencias profesionais do alumnado.
No curso 2022-2023 participamos nos seguintes proxectos de formación o profesorado de FP:
- Diferenciais con vectorización de par.
- Sistemas avanzados de asistencia á condución.
- Virtualización de redes e servidores.
No curso 2023-2024 participamos nos seguintes proxectos de formación o profesorado de FP:
- Pila de combustible de hidróxeno.
- Plataformas de computación na nube.
Máis información sobre os PFFP: https://www.edu.xunta.gal/fp/proxectos-de-formacion
No curso 2024-2025 participamos nos seguintes proxectos de formación o profesorado de FP:
- Domotización do centro educativo.
Convocatoria PFFP 24-25: https://www.edu.xunta.gal/fp/proxectos-de-formacion