O pasado 19 de novembro, o alumnado de 2º do Ciclo Medio de Atención a Persoas en Situación de Dependencia (APSD) realizou unha saída didáctica a As Pontes, organizada polo Departamento de Servizos Socioculturais e á Comunidade.
Ao longo da mañá visitaron o centro educativo ASPANES, o centro residencial de ASPANAES e a asociación A Xanela, entidades de referencia na atención a persoas con discapacidade.
Durante a visita, o alumnado puido coñecer os diferentes programas que estes centros desenvolven coas persoas usuarias, así como o funcionamento dos servizos e recursos dispoñibles no ámbito da atención social.
A actividade contribuíu a reforzar o coñecemento práctico e a comprensión do labor profesional neste sector, favorecendo o desenvolvemento das competencias vinculadas á intervención e ao apoio a persoas en situación de dependencia.


