O 12 de decembro de 2025, o alumnado de 1º e 2º do CS en Administración e Finanzas (AF) asistiu na aula 6 a unha sesión informativa impartida por Óscar Alfeirán, do Departamento de Admisión do Centro Superior de Hostalería de Galicia (CSHG).
A actividade centrouse na presentación do Grao en Dirección Hoteleira ou Gastronomía e do Grao en Xestión de Empresas Hostaleiras, ofrecendo ao alumnado unha visión detallada das titulacións, das competencias profesionais asociadas e das saídas laborais do sector.
A sesión, organizada polo Departamento de Orientación, permitiu ao alumnado coñecer unha alternativa formativa de referencia en Galicia vinculada ao ámbito da hostalaría e da xestión empresarial.


