O pasado 5 de decembro, o alumnado do Ciclo Superior en Mecatrónica Industrial participou nunha sesión organizada polo Departamento de Emprendemento sobre mantemento, montaxe e desmontaxe en xeradores eólicos.
A actividade foi impartida por Sandra Castrelos, enxeñeira técnica industrial e profesional con ampla experiencia no sector. Actualmente, Sandra traballa no departamento de Global Major Projects en Siemens Gamesa Renewable Innovation and Technology S.L., onde xestiona proxectos a nivel internacional como Demand Planning.
A sesión, celebrada na biblioteca do IES, permitiu ao alumnado coñecer de primeira man os retos e as oportunidades no ámbito das enerxías renovables, así como os aspectos técnicos e loxísticos asociados aos xeradores eólicos.