Seleccionar página

SOLICITUDE DE TRANSPORTE CURSO 2020-21

  1. Os alumnos que queiran facer uso do transporte o curso que ven, teñen que presentar a solicitude que se adxunta máis abaixo (dá igual que sexan menores de idade, caso no que asinarán os pais, ou maiores, caso no que asinarán eles directamente).
  2. Hai que cubrir ese formulario e logo imprimilo e asinalo.
  3. Podedes entregalo cando veñades matricularvos ou, unha vez matriculados, o antes posible.
  4. Entre os datos que hai que cubrir están o nome da empresa de transporte, o nome da parada e o número de contrato. Estes datos pódenos consultar no outro documento (RutasEmpresasContratos). O número de contrato é o código que aparece xusto debaixo do nome da empresa e que empeza por 99LU.