Seleccionar página

Todo o que queres saber sobre o CUALE

Que é o CUALE?

O programa CUALE (Cursos para a Formación Complementaria da Aprendizaxe de Linguas Estranxeiras) consiste nun curso no que se prepara ao alumno para a realización das probas de certificación da Escola Oficial de Idiomas de maneira totalmente gratuíta.

Vantaxes do CUALE

  • É unha formación para preparar os exames de nivel de inglés da EOI, totalmente gratuíta, e impartida por un docente con anos de experiencia na preparación deste tipo de probas.
  • Ao estar inscrito neste programa, o alumno conta con dúas convocatorias, onde se lle conservan as partes aprobadas da primeira a segunda.
  • O alumno/a participante no programa CUALE non ten que pagar as taxas de inscrición nin de matrícula na Escola Oficial de Idiomas de Lugo.

Quen se pode matricular no noso programa CUALE? Condicións de acceso

CUALE A2: poderá cursar esta modalidade o alumnado que teña superadas todas as materias do terceiro curso de educación secundaria obrigatoria, e que estea matriculado no cuarto curso no centro que imparte a devandita modalidade ou noutros centros educativos sostidos con fondos públicos. Así mesmo, poderá cursar esta modalidade o alumnado matriculado en ciclos formativos de formación profesional específica de grao medio, matriculado no centro que imparte a devandita modalidade ou noutros centros educativos sostidos con fondos públicos.

CUALE B1: poderá cursar esta modalidade o alumnado de bacharelato, de ciclos formativos de formación profesional específica de grao medio e de grao superior que estea matriculado no centro que imparte a devandita modalidade ou noutros centros educativos sostidos con fondos públicos. Así mesmo, poderá cursar o CUALE B1 o alumnado que posúa o certificado do nivel básico das escolas oficiais de idiomas (EEOOII) ou, se é o caso, outros certificados de nivel A2 do MCERL expedidos por entidades de recoñecido prestixio, segundo o disposto na Orde do 18 de febreiro de 2011 pola que se establece o procedemento de acreditación de competencia en idiomas (DOG do 26 de abril).

CUALE B2: poderá cursar esta modalidade o alumnado de bacharelato, de ciclos formativos de formación profesional específica de grao superior e que estea matriculado no centro que imparte a devandita modalidade ou noutros centros educativos sostidos con fondos públicos. Así mesmo, poderá cursar o CUALE B2 o alumnado que posúa o certificado do nivel intermedio das EEOOII ou, se é o caso, outros certificados de nivel B1 do MCERL expedidos por entidades de recoñecido prestixio segundo o que dispoña a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.
Recomendamos non inscribirse no B2 se non se posúe o certificado de nivel B1.

Cando e onde preinscribirse?

É necesario facer unha preinscrición, mediante un formulario que se entregará na secretaría do centro, onde se seleccionará a modalidade que se desexa cursar. O prazo límite é o luns 9 de xuño ás 14.15h.

Preme aquí para acceder ao formulario de preinscrición.

Posteriormente, antes do 30 de xuño, o alumnado preinscrito deberá entregar no enderezo de correo  ingles.ies.lois.pena.novo@edu.xunta.gal a seguinte documentación:

  • Unha certificación académica do curso 2024/2025
  • Certificación do nivel de idiomas (no caso de posuílo)

Criterios de selección do alumnado

No caso de que haxa máis solicitudes que prazas, empregaranse os seguintes criterios de selección:

  • Que o alumno/a posúa un certificado do nivel inmediatamente anterior ao que solicita
  • A mellor nota na materia de inglés no curso 2024/2025
  • En caso de empate, a mellor nota media no curso 2024/2025
  • En caso de un novo empate terá prioridade o alumnado matriculado no programa CUALE con anterioridade e aproveitamento do mesmo

Cando e onde matricularse?

Posteriormente, no mes setembro, as persoas seleccionadas serán informadas para que procedan a formalizar a matrícula.

A impartición das modalidades ofertadas levarase a cabo tendo en conta a dispoñibilidade de recursos materiais e humanos do centro.