REQUISITOS
Deberá estar matriculado nun centro docente autorizado e presentar a solicitude de validación perante a dirección do centro educativo. O prazo é de 20 días contados dende o comezo da actividade lectiva. No caso de centros privados, a dirección deste dará traslado das solicitudes ao centro público ao que estea adscrito, no prazo de cinco días hábiles.
Aviso importante: non poden ser obxecto de validación os módulos de Proxecto, Proxecto intermodular, Proxecto integrado nin o módulo de Formación en Centros de Traballo (FCT). No caso da FCT, só cabe exención parcial ou total cando se xustifique experiencia laboral suficiente, conforme ao artigo 177 do Real decreto 659/2023.
En ciclos de grao básico tamén existen validacións de ámbitos (Comunicación e Ciencias Sociais, Ciencias Aplicadas), segundo o Real decreto 498/2024.
As solicitudes as resolve a dirección do centro, agás nos seguintes casos, nos que resolvería o ministerio (prazo aberto todo ano):
- Estudos universitarios oficiais de diplomado, licenciado ou grado e se solicitan módulos de ciclos formativos de grado superior LOGSE ou LOE.
- Estudos de FPI, FPII ou Módulos experimentais de Nivel II ou Nivel III e se solicitan validar módulos de ciclos formativos LOGSE o LOE.
- Estudos de ciclos formativos LOE e se solicitan validar módulos de ciclos formativos LOGSE.
SOLICITUDES
Formulario solicitude validacións a resolver pola dirección do centro (Anexo XIV) Prazo ata 20 días
A solicitude formalizarase no modelo de instancia establecida para tal efecto no anexo XIV. Acompañarase de:
- Fotocopia compulsada do DNI.
- Certificación académica oficial dos estudos cursados, segundo o anexo X da Orde do 12 de xullo de 2011 ou de certificado de profesionalidade ou da acreditación parcial a que se refire esta orde.
Mais información en: http://www.edu.xunta.gal/fp/validacion-modulos-profesionais
Formulario solicitude validacións a resolver polo Ministerio (Anexo V) Prazo aberto ata a finalización do curso escolar (recoméndase facelo antes de finais de outubro)
- Certificación académica oficial dos estudos cursados, expedida por un centro oficial
- No caso de estudos universitarios deberá achegar os programas (orixinal ou fotocopia compulsada, e selados) daquelas materias cursadas que podan ser validables polos módulos profesionais
- Neste caso é imprescindible que o alumno/a que se rexistre na sede electrónica do Ministerio https://sede.educacion.gob.es/portada.html
Máis información en: https://www.todofp.es/convalidaciones-equivalencias-homologaciones/convalidaciones.html#cla-01-05