Entre os días 30 de xaneiro e 1 de febreiro de 2026, o alumnado do Ciclo Superior de Administración de Sistemas Informáticos en Rede (ASIR) e do Ciclo Medio de Sistemas Microinformáticos e Redes (SMR) realizou unha saída formativa a Bilbao, organizada polo Departamento de Informática, para asistir ao evento tecnolóxico BilboStack.
BilboStack é un encontro anual de divulgación tecnolóxica que se celebra desde 2012 e que reúne profesionais do sector TIC de referencia a nivel estatal e internacional. O evento ten como obxectivo compartir coñecementos, achegar tendencias actuais do ámbito tecnolóxico e fomentar valores como a igualdade, a diversidade e a participación do estudantado.
Durante a saída, o alumnado tivo a oportunidade de asistir a ponencias sobre tecnoloxías emerxentes, así como a contidos vinculados á xestión de equipos e ao ámbito empresarial, achegándose á realidade profesional do sector.
A actividade completouse cunha visita cultural ao Museo Guggenheim Bilbao, contribuíndo a enriquecer a experiencia formativa do alumnado.



