Seleccionar página

O día 26 de outubro o alumnado do departamento de TMV visitou o 7º Campionato Galego de Formación Profesional (Galiciaskills2023) celebrado no recinto Feira Internacional Abanca de Silleda.

Galiciaskills é o campionato galego da formación profesional que se celebra cada dous anos e consiste no desenvolvemento dunha serie de competicións relacionadas coas distintas especialidades da formación profesional, nas que os participantes han demostrar a súa competencia profesional e medir as súas destrezas con alumnado de distintos centros de Galicia na realización das correspondentes probas.