Seleccionar página

O pasado 26 de setembro, o alumnado de 1º e 2º do Ciclo Superior en Administración e Finanzas e de 2º do Ciclo Medio en Instalacións Eléctricas e Automáticas realizou unha visita ao almacén de Pull&Bear en Narón.

O obxectivo da actividade foi coñecer de primeira man a actividade loxística da empresa, os muelles de carga e descarga coas súas diferentes modalidades, así como os sistemas automatizados que se empregan na xestión da cadea loxística.