O día 30 de outubro o alumnado de 1º curso do Ciclo Superior en Mecatrónica Industrial visitou as instalacións de Quescrem en Castro Riberas de Lea, como parte das visitas ás empresas colaboradoras do proxecto desta FP Dual. Esta saída tivo por obxecto o coñecemento, en primeira persoa, das instalacións da empresa, así como as competencias profesionais da titulación necesarias para o exercicio laboral neste sector.
Quescrem é unha empresa láctea galega de base tecnolóxica especializada na fabricación de queixo crema. A gama de produtos Quescrem cobre todas as necesidades do mercado, tanto en variedades e sabores como en formatos específicos para cada canle. Está presente en máis de 40 países.