Seleccionar página

Na xornada do 13 de xaneiro de 2026, o alumnado do Ciclo Superior de Administración e Finanzas (AF) realizou unha saída didáctica a Santiago de Compostela para visitar o Parlamento de Galicia e o Museo do Pobo Galego.

No Parlamento de Galicia, o alumnado coñeceu a súa historia, as funcións, a organización da institución e o labor que desenvolven as deputadas e deputados no exercicio da representación democrática.

A actividade completouse cunha visita guiada ao Museo do Pobo Galego, onde o alumnado se achegou ás manifestacións máis diversas da cultura tradicional de Galicia, co obxectivo de coñecer, conservar e promover a cultura galega en todos os seus ámbitos.