O 21 de xaneiro de 2026, o alumnado do Ciclo Medio de Instalacións Eléctricas e Automáticas (IEA) realizou unha visita guiada ao Parque Eólico Experimental de Sotavento.
Situado entre os concellos de Xermade (Lugo) e Monfero (A Coruña), o Parque Eólico Experimental Sotavento é un referente na investigación e divulgación das enerxías renovables, no aforro enerxético e na súa relación co medio ambiente.
Durante a visita, o alumnado coñeceu o funcionamento deste espazo, que desenvolve a súa actividade en tres áreas interrelacionadas: a produción de enerxía renovable, a investigación e a educación e formación, achegándose a aplicacións reais vinculadas ao sector das enerxías renovables.


