Na xornada do 18 de decembro de 2025, o alumnado do Ciclo Medio de Atención a Persoas en Situación de Dependencia (APSD) realizou unha visita ás instalacións do Concello de Vilalba para coñecer de primeira man o funcionamento dos servizos sociais municipais.
Durante a actividade, o alumnado contactou coas diferentes profesionais do servizo e puido observar a metodoloxía empregada na intervención social, así como os procedementos de asesoramento en materia de dependencia e a información sobre os recursos sociais dispoñibles na vila.
A visita permitiu achegar ao alumnado á realidade profesional do ámbito dos servizos sociais e ao traballo que se desenvolve desde a administración local.


