Seleccionar página

O día 20 de novembro, o alumnado de 2º curso dos ciclos en AF, Informática de oficina e Mantemento de vehículos, realizou unha visita guiada no Centro de Empresas e Innovación CEI-Nodus do concello de Lugo coa finalidade de coñecer as instalacións e a actividade, que se realiza neste centro, no eido do emprendemento. O alumnado coñeceu a viveiristas do CEI-Nodus con diversos proxectos empresariais e en diferentes fases de desenvolvemento, así como os recursos e o asesoramento técnico que este viveiro de empresas ofrece ás iniciativas empresariais que concentra.

O Centro de Empresas e Innovación (CEI-Nodus) é unha iniciativa do Concello de Lugo para a promoción económica da cidade e un apoio á posta en marcha de novas iniciativas empresariais. Con este obxectivo o CEI céntrase en tres áreas básicas de servizos. A primeira trata de facilitar a creación de empresas de carácter innovador nun contorno idóneo para a xeración de novas iniciativas. A segunda das áreas de servizo do CEI é a programación dunha oferta continuada de formación en materia de xestión e a innovación empresarial mediante cursos, seminarios e actividades de carácter divulgativo. Finalmente o CEI ofrece tamén asesoría para todo tipo de empresas interesadas en iniciar proxectos vinculados ao I+D+i.