O día 5 de setembro, o noso departamento de Transporte e mantemento de vehículos visitou as instalacións do CTAG (Porriño) para colaborar, co noso proxecto «Maqueta Pila de combustible de hidróxeno«, nunha formación neste centro.
O CTAG, o Centro Tecnolóxico de Automoción de Galicia, é unha entidade creada en 2002 e dedicada ao desenvolvemento, a investigación e a innovación tecnolóxica no sector da Automoción. Mas de 600 enxeñeiros e técnicos traballan nas diferentes etapas do desenvolvemento de novos produtos e procesos, desde investigación aplicada a validación de vida serie.
Deste proxecto fíxose eco o xornal El Progreso.