Un ano máis, o IES Lois Peña Novo participou como centro colaborador no Programa Atrévete, unha iniciativa que permite ao alumnado de Educación Primaria achegarse á dinámica académica e profesional dos centros que imparten ensinanzas de Formación Profesional.
O 10 de abril de 2026, o noso centro recibiu a visita de oito alumnos e alumnas de 3º, 5º e 6º de Educación Primaria do CEIP Antía Cal (Muras), que escolleron novamente o noso centro para coñecer as instalacións e a oferta formativa de Formación Profesional.
Durante a xornada, desenvolvida entre as 10:00 e as 13:00 horas, o alumnado visitante puido percorrer distintos espazos do noso centro e achegarse ás ensinanzas que se imparten nos ciclos formativos, coñecendo de primeira man o funcionamento dos talleres e aulas especializadas.
Esta actividade permitiu dar a coñecer a Formación Profesional e favorecer o contacto do alumnado máis novo coas posibilidades formativas e profesionais que ofrece o sistema educativo.


