Seleccionar página

Entre os días 23 e 26 de novembro, o alumnado de CS Mecatrónica Industrial e CS Administración e Finanzas realizou unha viaxe formativa a Bilbao, coordinada polos dous departamentos.

A primeira parada foi a Corporación Mondragón, onde o alumnado coñeceu o funcionamento dun dos principais grupos cooperativos do Estado e a súa filosofía baseada na cooperación, a innovación e a responsabilidade social.

O programa incluíu tamén a visita a CMZ, unha empresa con máis de 75 anos de experiencia en fabricación de máquina-ferramenta, especializada en tornos CNC e cunha porcentaxe de fabricación propia superior ao 80%, o que permitiu observar de preto procesos industriais avanzados e contornos reais de produción.

A saída completouse coa visita ao Museo Guggenheim Bilbao, na que se traballou o diálogo arredor das obras e a interpretación crítica da creación artística contemporánea.