O día 26 de novembro, o alumnado de 1º e 2º do Ciclo Medio de Instalacións Eléctricas e Automáticas (IEA) realizou unha visita á «Fábrica de la Luz – Museo de la Energía» en Ponferrada.
A actividade permitiu comprender os procesos de xeración da enerxía eléctrica e a súa evolución ao longo do tempo. A visita incluíu un percorrido pola antiga central térmica da Mineiro Siderúrxica de Ponferrada (MSP), coñecendo o seu funcionamento e a transformación histórica das instalacións.
A xornada rematou cun taller participativo, no que o noso alumnado puido experimentar de forma práctica diversos conceptos relacionados coa enerxía.

La fábrica de la luz. Museo de la Energía é o espazo de lecer divulgativo e cultural en Ponferrada no que aprender, divertirse e onde a enerxía é sempre protagonista. Situado na antiga central térmica da Mineiro Siderúrxica de Ponferrada (MSP), o museo é ademais un espazo de encontro e participación no que se ofrece unha variada programación de actividades para todos os públicos.


