Seleccionar página

O pasado 25 de febreiro, o alumnado de 2º curso do CS en Asistencia á Dirección desprazouse a Lugo para asistir ao Fiestinema, a festa do cinema francófono organizada pola Alianza Francesa.

Esta iniciativa ten como obxectivo promover o achegamento á cultura e á lingua francesa a través do cinema, permitindo ao alumnado mellorar a súa comprensión oral e coñecer diferentes aspectos socioculturais dos países francófonos. Durante a sesión, os estudantes tiveron a oportunidade de ver unha película en versión orixinal, seleccionada especificamente para o público estudantil, o que lles permitiu desfrutar dunha inmersión lingüística enriquecedora.

A actividade, organizada polo Departamento de Francés, resultou ser unha experiencia didáctica e cultural moi positiva para o noso alumnado.