Seleccionar página

O 24 de marzo de 2026, o alumnado de 1º do Ciclo Superior de Administración e Finanzas (AF) e dos ciclos medios de Sistemas Microinformáticos e Redes (SMR), Instalacións Eléctricas e Automáticas (IEA) e Electromecánica de Vehículos Automóbiles (EVA) realizou unha visita ás instalacións de Río de Galicia, desenvolvida entre as 9:20 e as 13:00 horas.

A actividade enmárcase no Programa Empresa Familiar na Aula e dirixiuse ao alumnado participante na sesión formativa impartida previamente pola empresaria Carmen Lence, presidenta do Grupo Lence.

Durante a visita, o noso alumnado puido coñecer de primeira man o funcionamento da empresa e percorrer diferentes áreas da organización, entre elas produción, recursos humanos, loxística e almacenamento, área comercial e administración, achegándose á realidade dun grupo empresarial de referencia no sector agroalimentario galego.

A xornada permitiu comprender o funcionamento interno dunha empresa e relacionar os contidos traballados nas aulas coa práctica profesional.