Seleccionar página

O día 2 de decembro, o alumnado do Ciclo Superior en Mecatrónica Industrial realizou unha visita ás instalacións de Mecanizados SMI, localizada no polígono industrial Sete Pontes de Vilalba.

Esta actividade tivo como obxectivo coñecer de primeira man as instalacións desta empresa colaboradora no proxecto de FP Dual do noso centro e descubrir as competencias profesionais da titulación necesarias para o exercicio laboral no sector.

Mecanizados SMI destaca pola fabricación de pezas mecanizadas de alta calidade para unha ampla variedade de aplicacións en distintos sectores industriais. Agradecemos á empresa a súa colaboración e compromiso coa formación do noso alumnado.