O día 5 de decembro, o alumnado dos CS de Administración e Finanzas e o de Asistencia á Dirección, participou nunha visita guiada ao Centro de Empresas e Innovación (CEI-Nodus) do Concello de Lugo.
Durante a visita, o alumnado tivo a oportunidade de:
✔ Coñecer as instalacións e os recursos que ofrece este viveiro de empresas.
✔ Interactuar con viveiristas con proxectos empresariais en diferentes fases de desenvolvemento.
✔ Descubrir os servizos de asesoramento técnico e formación en xestión e innovación empresarial que proporciona o CEI-Nodus para apoiar iniciativas de carácter innovador.
O Centro de Empresas e Innovación (CEI-Nodus) é unha iniciativa do Concello de Lugo para a promoción económica da cidade e un apoio á posta en marcha de novas iniciativas empresariais. Con este obxectivo o CEI céntrase en tres áreas básicas de servizos. A primeira trata de facilitar a creación de empresas de carácter innovador nun contorno idóneo para a xeración de novas iniciativas. A segunda das áreas de servizo do CEI é a programación dunha oferta continuada de formación en materia de xestión e a innovación empresarial mediante cursos, seminarios e actividades de carácter divulgativo. Finalmente o CEI ofrece tamén asesoría para todo tipo de empresas interesadas en iniciar proxectos vinculados ao I+D+i.