O día 23 de febreiro o alumnado do CM de Instalacións Eléctricas e Automáticas (1º e 2º) e do CS de Administación e Finanzas, realizou unha visita á central hidroeléctrica de Belesar para coñecer o funcionamento dunha central hidroeléctrica.
Vídeo da visita:
Encoro de Belesar é un pantano artificial creado en 1963 no río Miño, España (o máis grande deste río). Situado entre os municipios de Taboada, Chantada, Saviñao, Paradela, Páramo, Guntin e Portomarín. A súa capacidade é de 655 hm³, ocupando unha superficie de 1910 hectáreas aproximadamente e presentando unha cola de 50 km.