Saltar ao contido

INNOVATECH FP

InnovaTech FP é un programa da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional que promove a innovación tecnolóxica e o emprendemento mediante a resolución de retos reais propostos por empresas.

O alumnado traballa en equipo no deseño de solucións innovadoras, desenvolvendo competencias profesionais, creatividade, pensamento crítico e capacidade para resolver problemas.

Participación do IES Lois Peña Novo

O centro participou en anteriores edicións do programa con equipos integrados por alumnado dos ciclos superiores de Administración e Finanzas e de Administración de Sistemas Informáticos en Rede.

Na edición 2024/2025, o equipo do IES desenvolveu unha proposta para o reto formulado pola empresa Diesemm, que presentou na fase final celebrada no Centro Galego da Innovación da Formación Profesional Eduardo Barreiros, en Ourense.

Máis información: Programa InnovaTech FP.

Actividades do centro: InnovaTech FP no IES Lois Peña Novo.