
O Plan Sinerxía é unha iniciativa da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional que, desde o curso 2026/2027, dá continuidade ao anterior Plan Proxecta+.
Ten como finalidade fomentar a innovación educativa, o desenvolvemento das competencias do alumnado e o traballo cooperativo e interdisciplinar nos centros docentes.
O plan estrutúrase en seis ámbitos de actuación:
- Educación artística e patrimonial.
- Igualdade e cidadanía.
- Educación intercultural e internacional.
- Lingua e comunicación.
- Hábitos de vida saudables.
- Sustentabilidade e consumo responsable.
Participación do IES Lois Peña Novo
Durante o curso 2026/2027, o centro participa no ámbito de sustentabilidade e consumo responsable, con actividades dirixidas ao alumnado de 1º de SMR e 1º de ASIR.
As actividades desenvolvidas difundiranse a través da páxina web e das redes sociais do centro.
Máis información: Plan Sinerxía 2026/2027.
