O día 7 de xuño o alumnado do ciclo básico en Mantemento de Vehículos e o do ciclo medio de Electromecánica de Vehículos Automóbiles, visitou as instalacións de RMC Motorsport para coñecer como é todo o proceso de preparación dun vehículo para a competición. Despois desprazáronse ate o karting de Cabañas Raras.
RMC Motorsport é unha empresa especializada na preparación, o mantemento e a asistencia de coches de competición.