O día 15 de febreiro, o alumnado de 1º e 2º curso do Ciclo Medio en Atención a Persoas en Situación de Dependencia, recibiu a visita de varios representantes da entidade sen ánimo de lucro, Special OIympics Galicia. Esta organización ofreceu unha charla informativa de sensibilización na que deu a coñecer o seu traballo, e formou ao noso alumnado para que sexa parte da súa familia participando nas diferentes actividades deportivas, de ocio e culturais que levan a cabo con persoas con diversidade intelectual. Desta forma, dáse visibilidade ás actividades que realizan co obxectivo de reactivar o voluntariado, como un aliado de transformación da sociedade e promoción das capacidades das persoas con diversidade intelectual.
O Centro
Oferta Formativa
Documentos de Centro
Alumnado
- Calendario escolar 24-25
- Horario centro 24-25
- Guía alumnado
- Horarios ensinanzas 24-25
- Calendario exames finais 24-25
- Reclamacións
- Cofinanciamento Ciclos Medios