Seleccionar página

Ábrese o proceso de selección de candidaturas para mobilidades Erasmus+ KA121, dirixido ao profesorado vinculado á Formación Profesional Básica e aos ciclos de grao medio do IES Lois Peña Novo, para o curso académico 2025–2026.

Prazo de presentación de solicitudes

As persoas interesadas poderán presentar a súa solicitude do 30 de xaneiro ao 6 de febreiro de 2026, ata as 12:00 h.
A instancia deberá solicitarse na secretaría do centro e poderá acompañarse da documentación acreditativa dos méritos que se consideren oportunos.

Calendario do proceso

  • Publicación da listaxe provisional: 9 de febreiro de 2026
  • Prazo de reclamacións e renuncias: do 10 ao 12 de febreiro de 2026
  • Publicación da listaxe definitiva: 13 de febreiro de 2026

Criterios de selección

A selección das candidaturas realizarase atendendo aos seguintes criterios:

  • Antigüidade no centro (ata 5 puntos).
  • Coñecemento de idiomas estranxeiros, segundo o MCER e certificados admitidos por ACLES (ata 4 puntos).
  • Outros méritos relacionados coa Formación Profesional nos últimos catro cursos académicos (ata 4 puntos), incluíndo participación en programas da Dirección Xeral de Formación Profesional, grupos de traballo, coordinacións e cargos directivos.
  • Non ter participado en mobilidades Erasmus+ KA1 desde o 1 de setembro de 2022 (2 puntos).
  • Pertencer a un centro sen proxecto propio de VET nas convocatorias de 2024 e 2025 (1 punto).

Toda a documentación presentada será valorada conforme aos criterios establecidos nesta convocatoria.