Seleccionar Página

O alumnado de 2º do Ciclo Medio de Sistemas Microinformáticos e Redes desenvolveu unha máquina arcade totalmente funcional a partir dun proxecto práctico vinculado aos contidos de dixitalización, no que traballou a integración de hardware e software, a montaxe do sistema, a configuración do equipo e a resolución de incidencias técnicas nun contexto real.

O alumnado de SMR encargouse da estrutura en madeira, da selección e montaxe do hardware e da instalación e configuración do software, dándolle forma a un equipo plenamente operativo a partir de materiais reaproveitados e compoñentes reutilizados.

O alumnado de 1º do Ciclo Superior de Mecatrónica Industrial tamén participou no proxecto, colaborando principalmente na pintura e no deseño exterior da máquina.

Ademais de poñer en práctica contidos técnicos, o proxecto permitiu traballar a planificación, a resolución de problemas e a coordinación entre especialidades. O resultado final presentouse tamén na III Feira de Educación, Formación e Emprego de Lugo, como mostra dun proxecto que combina tecnoloxía, aplicación práctica e traballo colaborativo.