Entre o 16 de marzo e o 16 de abril de 2026, o IES Lois Peña Novo conta coa exposición «Lévame a idea».
Trátase dunha mostra centrada no recoñecemento das creadoras e divulgadoras da música de tradición oral galega, reivindicando, desde unha óptica feminista, o seu papel fundamental na creación, recuperación e transmisión da música tradicional oral e da poesía popular galega.
A exposición naceu no marco das II Xornadas de patrimonio inmaterial e chegou ao centro a través dos carteis proporcionados polo IESCHA.
A actividade permite achegar ao noso alumnado unha visión máis ampla do patrimonio cultural galego e do papel das mulleres na súa conservación e divulgación.



