O Ministerio de Educación abriu o prazo de solicitude das bolsas NEAE destinadas ao alumnado con necesidades específicas de apoio educativo.
Prazo de presentación: do 19 de maio ao 10 de setembro de 2026
A quen van dirixidas
Ao alumnado que presente algunha das seguintes necesidades:
- Discapacidade recoñecida igual ou superior ao 25 %
- Trastornos graves de conduta
- Trastornos graves da comunicación e da linguaxe asociados a necesidades educativas especiais
- Trastorno do espectro autista (TEA)
- Altas capacidades intelectuais (a partir dos 6 anos)
Etapas educativas
- Educación Infantil
- Educación Primaria
- Educación Secundaria Obrigatoria
- Formación Profesional Básica
- Bacharelato
- Ciclos formativos de grao medio e superior
- Ensinanzas artísticas profesionais
Como solicitala
A través do formulario dispoñible en:
Tramitación
Unha vez tramitada a solicitude, o centro procede a cubrir os anexos correspondentes. O Anexo VI debe aportarse ao centro xa cumprimentado polo centro reeducador.
O seguimento do procedemento pode consultarse en sede.educacion.gob.es, no apartado «Mis expedientes».


