Saltar ao contido

PLAN SINERXÍA

O Plan Sinerxía é unha iniciativa da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional que, desde o curso 2026/2027, dá continuidade ao anterior Plan Proxecta+.

Ten como finalidade fomentar a innovación educativa, o desenvolvemento das competencias do alumnado e o traballo cooperativo e interdisciplinar nos centros docentes.

O plan estrutúrase en seis ámbitos de actuación:

  • Educación artística e patrimonial.
  • Igualdade e cidadanía.
  • Educación intercultural e internacional.
  • Lingua e comunicación.
  • Hábitos de vida saudables.
  • Sustentabilidade e consumo responsable.

Participación do IES Lois Peña Novo

Durante o curso 2026/2027, o centro participa no ámbito de sustentabilidade e consumo responsable, con actividades dirixidas ao alumnado de 1º de SMR e 1º de ASIR.

As actividades desenvolvidas difundiranse a través da páxina web e das redes sociais do centro.

Máis información: Plan Sinerxía 2026/2027.