
O Plan Eduemprende é unha iniciativa da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional que promove a cultura emprendedora, a iniciativa persoal, a educación financeira e o coñecemento do tecido empresarial.
Participación do IES Lois Peña Novo
Para o curso 2026/2027, o centro ten prevista a participación nos seguintes programas, baixo a coordinación do Departamento de Orientación:
- Actúa: obradoiros sobre resolución de conflitos, capacidades persoais e aplicación da intelixencia artificial ao emprendemento.
- Finanzas para mortais: actividade «O mundo laboral: emprendemos?», dirixida ao alumnado de grao superior.
- EduTecEmprende: visitas a empresas e centros tecnolóxicos para achegar o alumnado de grao básico e medio á innovación e ao tecido empresarial.
As actividades desenvolvidas difundiranse a través da páxina web e das redes sociais do centro.
Máis información: Plan Eduemprende 2026/2027.
