O 27 de novembro de 2026, o alumnado de 2º de FP Básica e de 1º e 2º do Ciclo Medio de Electromecánica de Vehículos Automóbiles visitou a feira ExpoFrain 2026, celebrada no Pazo de Feiras e Congresos de Lugo.
ExpoFrain é unha feira profesional organizada por Recambios Frain que reúne fabricantes, distribuidores e especialistas do sector da automoción. Nesta terceira edición participaron máis de 100 expositores, con novidades en recambios, ferramentas, equipamentos de taller, pneumáticos e outros compoñentes para vehículos.
Durante a visita, o noso alumnado puido coñecer diferentes produtos, maquinaria e solucións técnicas empregadas nos talleres de automoción, así como achegarse ás novidades dun sector directamente relacionado coa súa formación.
A actividade foi organizada polo Departamento de Transporte e Mantemento de Vehículos.
