Seleccionar página

O 25 de novembro, o Departamento de Servizos Socioculturais e á Comunidade organizou unha saída co seu alumnado para participar no acto institucional celebrado polo Concello de Vilalba con motivo do Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres.

Durante o acto, colaboraron na creación dun tendal simbólico onde se colgaron cartaces que representaban os diferentes tipos de violencia que sofren as mulleres polo simple feito de selo.

A violencia contra as mulleres e as nenas constitúe a vulneración dos dereitos humanos máis estendida no mundo. Este tipo de actividades son fundamentais para concienciar e traballar pola igualdade. 💜