O pasado 25 de abril, dentro das actividades organizadas co gallo do Día do Libro, desenvolveuse no noso centro unha actividade complementaria aberta a todo o alumnado, profesorado e persoal non docente: O que o libro me conta.

A proposta tivo como obxectivo visibilizar os fondos da nosa biblioteca, fomentar a creatividade e crear un espazo de conexión emocional arredor dos libros e da lectura. Para iso, elaborouse un mapa sonoro colectivo no que participaron cinco grupos de 1º curso de ciclos formativos.
A dinámica consistiu en escoitar unha liña elixida ao azar dun libro, interpretala libremente e compartir que nos suxire esa lectura. A actividade baseouse nun pequeno guión e foi gravada en formato audio: