Seleccionar página

O pasado 3 de xuño, o alumnado de 1º do Ciclo Superior de Administración e Finanzas participou nunha actividade sobre Medios de pagamento, organizada polo Departamento de Emprendemento. Esta proposta forma parte dos programas Eduemprende 2025, impulsados pola Fundación Obra Social Abanca.

A actividade tiña como obxectivo principal educar o alumnado nos distintos tipos de medios de pagamento dispoñibles na actualidade, incluíndo aqueles baseados en novas tecnoloxías. Traballáronse conceptos relacionados coas operacións financeiras, os seus mecanismos de seguridade e tamén se proporcionou unha experiencia práctica no uso de terminais de punto de venda (TPV).